A OSL da USC informa que está aberto ata o vindeiro 8 de xullo o prazo de inscrición para o curso da Universidade de verán Traballo diario con Ubuntu. O sistema operativo libre da USC e do proxecto Abalar.
Está aberto ao público en xeral e non require coñecemento previos xa que partirá dende cero. Será de moita utilidade para os alumnos e ex-alumnos da USC que no futuro aspiren a ser profesores en primaria e secundaria na comunidade galega, xa que o proxecto Abalar emprega unha variante deste sistema operativo. Asemade, tamén é un seminario interesante para os profesores que na actualidade participan ou que participarán proximamente no proxecto Abalar.
O seminario é de 20 horas de duración e tramitouse o seu recoñecemento como curso puntuable para o profesorado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, estando só pendente da resolución final por parte da administración educativa.
O obxectivo do curso é introducir aos participantes de xeito metódico e exhaustivo nos detalles do funcionamento do GNU/Linux dende o punto de vista do usuario medio, como contraposición aos usuarios avanzados. Búscase amosar que o GNU/Linux está “listo para o escritorio”, derrubando o mito de que se trata de un sistema soamente para usuarios con coñecementos avanzados de informática. Porase énfase en que os participantes rematen o curso cos coñecementos necesarios para poder facer con Software Libre as mesmas tarefas que veñen realizando habitualmente noutras plataformas, para deste xeito axudar a aqueles que se atopen en proceso de migración.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 8 de xullo de 2011. A matrícula pode realizarse ben por internet ou ben presencialmente, dende o 20 de xuño, na Secretaría da Universidade de Verán, Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela ou na Secretaría da Universidade de Verán, Área de Cultura do Campus de Lugo, Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade, Lugo.
O custe de matrícula é de 70 € con carácter xeral e de 40 € para estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC.
Recoméndase consultar a normativa reguladora da universidade de verán.
O seminario impartirase de luns a venres entre o 18 e 22 de xullo en horario de 16:30 a 20:30 horas co seguinte programa:
Luns 18 de xullo
- Como moverse e traballar no entorno da Ubuntu (O escritorio):
- Meu novo escritorio. Diferenzas con Windows.
- Escritorios virtuais (e por que son útiles).
- Moverse polo escritorio (o manexo do nautilus)
- Montar e desmontar dispositivos.
- Como comprimir e descomprimir ficheiros.
- Personalizar o escritorio.
- Lanzadores de aplicativos (gnome-do).
- Como facer copias de seguridade.
- Como gravar fotos, música e datos.
- Configuración do idioma.
- Opcións de inicio.
- Xestión e usuarios.
- Ofimática básica.
Martes 19 de xullo
- Aplicativos para traballar en/con Internet:
- Navegando pola rede (Firefox).
- Traballando co correo electrónico (Evolution/Thunderbird).
- Comunicarse na rede – as redes sociais.
- Outras canles de comunicacións: irc, foros, roldas,…
Mércores 20 de xullo
- Instalar e eliminar paquetes de software:
- O centro de software de Ubuntu.
- Como buscar software.
- Como instalar un paquete individual.
- Como instalar programas que non sexan paquetes.
- Wine: aplicativos de Windows.
Xoves 21 de xullo
- Cando o software libre non é dabondo:
- Aplicativos privativos.
- Códecs.
- Controladores de dispositivo.
- Como xogar en Ubuntu.
- Os xogos sen máis.
- Xogos en wine.
- Xogos mediante outros sistemas (playonlinux, playdeb,…).
Venres 22 de xullo
- As posibilidades do GNU/Linux (breve introdución):
- Ofimática: LibreOffice.
- Multimedia: Rythmbox, Totem, VLC.
- Edición de vídeo: Kino, Kdenlive, Cinelerra…
- Deseño e maquetación: Inkscape, GIMP, Scribus…
- Tratamento e análise de datos: QTIPlot, SAGE, R…
- Programación e desenvolvemento: C, C++, C# (Mono), Ruby…
- VOIP e Videoconferencia: Ekiga, Empathy…
- Python
- The GNU/Linux way:
- A comunidade e a axuda entre usuarios: LUGs.
- Como atopar documentación e axuda: foros de Ubuntu, LFDP…
- Os Grupos de Usuarios de GNU/Linux de Galicia.
