Mancomún

Aberto o prazo de inscrición para a Ludus Party .Net 2008

Venres, 7 Novembro 2008

http://www.mancomun.org/images/eventos/ludusparty2008.jpg A Ludus Party .Net 2008 que se celebrará os días 5, 6, 7 e 8 de decembro acaba de abrir prazo de inscrición.

Inscrición na Ludus Party .Net 2008

O lugar da party será na Feira de mostras e exposicións de Lugo, e terá sitio para 650 postos.

O programa do evento pódese consultar na seguinte ligazón: Programa da Ludus Party .Net 2008 e está dividido nas seguintes seccións:

  • Xogos
  • Arte dixital
  • Hardware
  • Software Libre
  • Outros

Dentro da programación, no apartado de software libre atopamos o “Real Time Battle” que é un xogo de intelixencia artificial no que se debe programar o comportamento dun robot para que loite contra outros, programados á súa vez por outras persoas.

Máis información:
http://ludusparty.net/ga/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal