O Máster en Consultoría de Software Libre da Universidade de Vigo mantén aberto ata o vindeiro 15 de outubro o segundo prazo de matrícula co obxecto de cubrir o total de prazas ofertadas para o curso.
Esta segunda edición do programa desenvolverase ao longo do curso 2009-2010 na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense en horario de venres pola tarde e sábados pola mañá. Habilitaranse, como o pasado ano, un total de 30 prazas, A parte teórica do curso poderá completarse con prácticas opcionais en empresas.
O máster, financiado pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, ten como principal obxectivo dotar ao alumno dos coñecementos precisos arredor do software libre de cara a labor profesional nunha consultoría.
Os módulos que se imparten son:
- Administración e Dirección das TIC
- Seguridade e Lexislación
- Ferramentas de Software Libre para Intelixencia de Negocio
- Tecnoloxías e Frameworks de Desenvolvemento de Software Libre
Máis información e matrícula en http://www.masterconsultoria.es
