Mancomún

Acaba de saír o código fonte de Android, o sistema operativo de Google para móbiles

Mércores, 22 Outubro 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/androidopen.jpg O código fonte de Android, o sistema operativo de Google para móbiles, por fin está dispoñible para a súa descarga.

O Android Open Source Project faise por fin realidade, e o código fonte do sistema xa está dispoñible en Internet, para todo aquel que queira contribuír ao desenvolvemento da nova plataforma.

Os seus desenvolvedores esperan que a apertura do código contribúa á rápida evolución e mellora do mesmo, dotándoo de novas características e funcionalidades.

Sinalar que, actualmente, o código só pode ser compilado en Linux ou Mac OS X…

Fonte:
http://hispamp3.yes.fm

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal