Mancomún

Acaba de saír Puppy Linux 4.0

Luns, 5 Maio 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/puppylogo.png Seis meses despois da última versión oficial de Puppy Linux, a nova versión, a 4.0 sae finalmente ao público. Nesta nova versión os desenvolvedores fixeron un gran traballo con esta versión minimalística de Linux que tan só ocupa 87,1 MB.

A nova versión inclúe todo o necesario para usar escáners, cámaras dixitais, impresoras ou gravación/edición/conversión de son. Puppy Linux é agora un sistema operativo moi estable para contornos multimedia.

Esta versión, debido ao seu pequeno tamaño e baixos requirimentos, é óptima para computadores vellos, para resolución de problemas ou para instalar nunha chave USB…

Algunhas das súas características son:

  • Puppy 3.01 foi construída sobre os paquetes binarios de Slackware-12. Nembargantes, para reducir o tamaño desta versión 4.00, Puppy Linux 4 foi compilada totalmente do código fonte usando o proxecto T2, que resultou en menor dependencias de paquetes, un tamaño menor e versións máis novas de programas dispoñibles.
  • Sistema gráfico totalmente baseado en GTK2, abandonando o GTK1 e Tcl/Tk.
  • Unha lista de aplicacións incluídas (lista non completa e sen ningún orden particular): ePDFView (visor de PDF),  Pschedule (programador de tarefas gráfico para CRON), Osmo (organizador persoal), Pburn (gravador CD/DVD), mhWaveEdit (editor de son), Pwireless (escáner de redes wifi), HomeBank (xestor financeiro persoal), Fotox (visor de imaxes), Gwhere (catalogador de discos), Pidgin (cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo), Gtkam (interface para cámaras dixitais), Xsane (interface para escáners), xestor de contrasinais Figaro, HotPup (iconas de dispositivos externos no escritorio) e máis un largo etc…

Notas de lanzamento da versión 4.00:
http://puppylinux.com/download/release-4.00.htm

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal