Mancomún

Acordo entre a UPM e Thymbra para implementar TinyERP

Luns, 24 Marzo 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/tinyerp-logo.pngA Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e Thymbra asinaron un acordo de colaboración para implementar TinyERP. Thymbra traballará conxuntamente coa Universidade Politécnica de Madrid na instalación e implementación de TinyERP sobre o servidor Debian que conta a universidade, na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Madrid.

Thymbra é un dos principais Partners de Tiny SRL na instalación e difusión do seu software a nivel mundial, e o primeiro a nivel de latinoamericano (América Latina, península e Canarias).

Deste xeito, os alumnos poderán complementar os seus coñecementos con sesións prácticas nun sistema ERP (Enterprise Resource Planning) e MRP (Material Requirements Planning).

Fontes: Thymbra e a páxina do proxecto na UPM

Tiny ERP é un dos programas localizados ao galego e incluídos no DVD de “Ferramentas informáticas para a PEME“.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal