Mancomún

Actividades con Software Libre para nenos e nenas no Nadal

Venres, 5 Decembro 2008

Tux PaintA Rede de Dinamización en colaboración co Concello de Teo ofrece unha programación dedicada aos máis pequenos e pequenas da casa para que a disfruten nas vacacións. A programación desenvolverase en decembro e consistirá en dous obradoiros.

O primerio chamado: “Pinta o Nadal: creación de debuxos“, levarase a cabo na Mediateca do Grilo, en Cacheiras, e o obxectivo é que os nenos e nenas coñezan e saiban usar o programa de debuxo Tux Paint, ao mesmo tempo que recrean o que para eles significan estas datas. O segundo obradoiro chamado “Mecanografía para nenos/as“, consistirá en que os pequenos se familiaricen coas técnicas elementais para mecanografiar correctamente, a través dun programa específico para nenos.

O prazo para apuntarse comeza o 8 de decembro e finaliza o 18. Os destinatarios son nenos e nenas entre 5 e 12 anos. Para máis información descargar o folleto das actividades que inclúe a folla de inscrición.


Fonte: Rede de Dinamización

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal