Hoxe remata o prazo para inscribirse no programa OpenJob promovido por ASOLIF en colaboración de INASFO2 e o Ministerio de Traballo, do que xa informamos esta semana.
Complementando a información ao respecto do mesmo, cómpre aclara que se trata dun Programa Activo de Formación e Emprego, co obxectivo da contratación de, cando menos, o 60% dos participantes con avaliación positiva de cada un dos cursos, en postos de traballo relacionados con el sector das TIC.
O curso está dirixido a persoas en situación de desemprego con coñecementos orientados á informática, preferentemente programación, das titulacións:
- Formación Profesional, Enxeñerías Técnicas o Superior en especialidade Informática o u Telecomunicacións
- Outros estudios asimilables o equivalentes.
- Sen titulación ou doutras titulacións non relacionadas coa informática para o que se valorará a experiencia profesional no ámbito da programación e desenvolvemento informático .
Ao finalizar o curso, o alumnado será capaz de planificar e implementar solucións corporativas de software libre en organizacións privadas e públicas, así como colaborar no deseño, construción e mantemento de sistemas informáticos e proxectos de software, utilizando software libre.
O programa do curso é o seguinte:
Temario: (275 horas)
- Introdución ao Software Libre – Aspectos legais (15 horas)
- Introdución ao Software Libre
- Aspectos legais
- O desenvolvedor e as súas motivacións
- Economía
- Iniciativas públicas
- Contornos e tecnoloxías de desenvolvemento
- Administración de Sistemas Linux (20 horas)
- Presentación
- Conceptos e ordes básicas
- Proceso de instalación
- Configuración básicas
- Instalación de aplicativos
- Obradoiro de configuracións básicas
- Táboas de comandos
- Ferramentas de administración
- O kernel
- Fundamentos dos sitos web (30 horas)
- Introdución
- Metainformación
- Texto
- Ligazóns
- Listas
- Imaxes e obxectos
- Táboas
- Follas de estilo
- Enxeñería do Software en contornos de software libre (30 horas)
- Deseño de software baseado en obxectos con UML
- Control de calidade e probas
- Construción de software en contorno GNU
- Control de versións (teoría)
- Xestión de software
- Sistemas de creación de documentación
- Bases de datos (30 horas)
- Introdución ás bases de datos
- O modelo relacional e a álxebra relacional
- A linguaxe SQL
- Xestores de bases de datos
- Desenvolvemento de aplicativos en conexión con bases de datos
- Desenvolvemento de aplicativos web (80 horas)
- Introdución aos aplicativos web
- Instalación do servidor
- Formato estruturado de texto: XML
- Contido dinámico
- Acceso a bases de datos
- Servizos web
- Utilización e mantemento
- Monitorización e análise
- Desenvolvemento de proxectos de Software libre (40 horas)
- Introdución
- Ferramentas de xestión de proxectos
- Control de versións (práctica)
- A xestión dun proxecto
- Coordinación de equipos de traballo (15 horas)
- O persoal
- Estilos de dirección
- Organización do traballo
- Comunicación co equipo
- Técnicas de motivación
- Busca de emprego e orientación laboral (15 horas)
- A empregabilidade
- Perfil profesional
- Mercado laboral
- Técnicas de busca de emprego
- Análise persoal
- Proxecto profesional
- Currículo vital: modalidades e estratexias
- Carta de acompañamento
- Entrevista
- Aspectos legais da relación laboral
