Mancomún

Actualízate á versión 3.5.1 de Firefox

Venres, 17 Xullo 2009

Acaba de saír a versión 3.5.1 do Firefox que corrixe un grave erro de seguranza descuberto hai tan só uns días, alén de mellorar a estabilidade con respecto á versión anterior. Polo tanto recomendamos a actualización a esta nova versión que podedes atopar en galego desde a seguinte localización:

http://gl.www.mozilla.com/gl/

Actualización firefox

A nova versión corrixe un fallo de seguranza que permitía a execución de código malicioso no equipo do usuario. Tratábase dun problema do motor de JavaScript, polo que se recomendaba desactivar JavaScript ou instalar a extensión NoScript.

O fallo foi descuberto polos desenvolvedores de Mozilla o 9 de xullo (en bugzilla), pero no mesmo día se solucionou cun parche creado para a seguinte versión. A partires de aí fíltrase o erro e aparecen os primeiros "exploits" que o aproveitan.

Ademais tamén se corrixiu un pequeno problema de estabilidade en Windows, que facía que, nalgunhas ocasións, Firefox se iniciase máis lento…
Podedes atopar unha lista máis ampla e completa dos cambios introducidos nesta versión na seguinte ligazón:
http://www.mozilla-europe.org/es/firefox/3.5.1/releasenotes/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal