O comezo da presentación do DVD Ferramentas para a PEME adiantarase ás 16:00 horas. Nese momento Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, presentará a xornada e dará a benvida aos asistentes.
As empresas TIC están convidadas participar na xornada de traballo sobre o DVD Ferramentas Informáticas para a PEME, recompilación de ferramentas informáticas de licenza libre que cobren as necesidades comúns das empresas do noso país no uso das novas tecnoloxías. Os interesados aínda poden inscribirse mandando un correo a eventos@mancomun.org.
O evento terá lugar en Santiago de Compostela no Hotel Porta do Camiño (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. -ao pé do Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro-) o día 7 de novembro.
