Wammu é un magnifico aplicativo gratuíto e de código aberto (conta con licenza GPL), que nos permite administrar o noso teléfono móbil dende GNU/Linux, aínda que ao tratarse dun aplicativo multiplataforma tamén está dispoñíbel para Windows. Este aplicativo xurdiu para fornecer cun contorno gráfico ao proxecto Gammu, o cal abrangue os aplicativos, os scripts e os controladores da xestión de diversas funcións nos teléfonos móbiles e dispositivos similares.
Esta ferramenta caracterízase por ser moi intuitiva, o que é directamente proporcional á súa facilidade de uso. Respecto da súa funcionalidade ofrécenos un amplo abano de posibilidades para administrar o noso teléfono móbil, como as máis destacadas podemos subliñar a posibilidade de administrar as nosas mensaxes SMS, podendo crear, gardar e enviar mensaxes. Tamén destaca a facilidade para administrar a nosa axenda de contactos, engadindo, editando e borrando contactos. Incluso podemos mover arquivos e configurar as nosas melodías.
Wammu é compatíbel cun gran número de modelos de móbil, como podemos ver na seguinte lista:
-
Nokia DCT3 (3210, 3310, 3330, 3390, 3410, 5110, 5110i, 5130, 5190, 5210, 5510, 6110, 6130, 6150, 6190, 8210, 8250, 8290, 8850, 8855, 8890 6210, 6250, 7110, 9110) e compatíbeis
-
Nokia DCT4 (3510, 3510i, 3530, 5100, 6100, 6310, 6310i, 6510, 6610, 7210, 8310, 8910) e compatíbeis
-
Siemens M20, MC35, SL45 e compatíbeis
-
Alcatel One Touch 501, 701, 715, 535, 735
-
Sony Ericsson phones
-
Teléfonos Motorola
-
Teléfonos compatíbeis AT
-
Os teléfonos Symbian ata Symbian 9.0 son compatíbeis a través de gnapplet
Para instalar este aplicativo en Debian ou en distribucións derivadas simplemente temos que executar a orde:
aptitude install wammu
Fontes: http://www.linuxhispano.net/portal/noticia/tu-m%C3%B3vil-linux-m%C3%A1s-f%C3%A1cil-wammu
