Mancomún

Adobe AIR dispoñible en Linux

Martes, 1 Abril 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/adobeair-logo.pngAdobe Labs vén de anunciar a dispoñibilidade do contorno de execución Adobe AIR para GNU/Linux, unha nova tecnoloxía que permite que as aplicacións de Adobe AIR sexan desplegadas sobre plataformas con sistemas operativos GNU/Linux.

Adobe AIR é un software de desenvolvemento multiplataforma que permite crear aplicacións ricas de internet para escritorio empregando  tecnoloxías Flash, Adobe Flex, HTML, JavaScript e Ajax. O contorno de execución é o software que permite a execución das aplicacións feitas nesta tecnoloxía.

Esta primeira versión alfa de Adobe AIR conta coas seguintes características:

  • Instalador do contorno de execución e aplicacións

  • Cargador HTML con soporte Javascript para renderizar HTML en aplicacións AIR

  • API para traballar con base de datos locais

  • Soporte de sistema de ficheiros, é posible traballar coas carpetas de usuario coma Desktop, home, …

  • Soporte de transparencias básico

  • Menús contextuais, barras de menú, pop-ups e eventos de menú.

  • Rede, detección de cambios na rede e amplo de banda

  • API Capacidades

  • Eventos de rato

  • Detección de aplicacións en execución

Adobe AIR traballa en contornos GNOME e KDE e soporta o sistema de empaquetado RPM e DEB, inda que os sistemas operativos nos que foi testado son:

  • RedHat Desktop Linux 4

  • RedHat Enterprise Linux 5

  • Novell Desktop Linux 9

  • SUSE Linux Enterprise Desktop 10

  • Ubuntu 6.06

Adobe AIR traballa ben cos xestores de ventás, como Beryl, Compiz ou Compiz Fusion.

Dende Adobe Labs pódese descargar o runtime e aplicacións de exemplo.

Outros exemplos de tecnoloxías para desenvolver aplicacións offline:

  • Firefox 3 con soporte para aplicacións fora de liña

  • Moonlight, alternativa libre a tecnoloxía SilverLight de Microsoft

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal