Adobe vén de anunciar a liberación das especificacións de SWF, FLV e F4V para traballar conxuntamente con outras empresas (ARM, CISCO, Intel, Motorola, Nokia, LG, Sony Ericsson, …) no proxecto Open Screen Project.
Este novo proxecto pretende facilitar o desenvolvemento e deseño de novas aplicacións e contidos en formato Flash, de modo que sexan compatibles con todo tipo de dispositivos, e eliminando as restricións existentes sobre a tecnoloxía Flash.
Ata o de agora a tecnoloxía de Adobe presentaba importantes inconvenientes como:
- O primeiro, o reprodutor Flash pódese descargar gratuitamente pero as empresas e operadores de móbiles tiñas que pagar unha licenza para usar esta tecnoloxía nos seus dispositivos.
- A segunda e máis importante e que cando unha empresa quere desenvolver unha aplicación que corra en múltiples dispositivos ten que ter a distintos equipos traballando nas respectivas versións para a móbiles, para a web, etc.
Co novo proxecto Open Screen Project elimínanse ambas limitacións: Adobe crea unha plataforma universal “tipo Java” na que se desenvolve unha vez e que funciona en calquera reprodutor Flash, incluíndo o novo Adobe AIR. A maiores Adobe tamén pon dispoñibles as API do protocolo Adobe Flash Cast e AMF para dispoñer de servizos de intercambio de datos, e as API da capa de dispositivo para Adobe Flash Player.
Xuntado estas iniciativas temos que se alguén quere engadir Flash ao seu dispositivo ou sistema, poderá facelo por si mesmo e de balde, sen a necesidade de que sexa Adobe quen cree o seu propio contorno de execución (runtime).
Fontes:
