Mancomún

Agárdase a nova versión de Debian para este sábado

Venres, 13 Febreiro 2009
Debian Maña agárdase que saia a versión sucesora de Debian ‘etch’: Debian GNU/Linux 5.0 con nome en clave ‘lenny’.
Segundo o equipo de versións de Debian, só se modificaría esa data de publicación se ocorrese algo realmente crítico que non se puidese solucionar. De saír finalmente mañá faría case dous anos dende o lanzamento da anterior versión, alá por abril de 2007.
 
Nesta nova versión destacan as novas características orientadas á seguridade, proactiva para reducir as oportunidades de vulnerabilidades. Por exemplo, o instalador agora  aplica as actualizacións de seguridade antes de arrancar, e o sistema estándar contén menos binarios con setuid e menos portos abertos. Tamén se introduciron melloras para os notebooks para xestionar máis eficazmente o consumo de enerxía en función dos aplicativos que se estean a usar.

En canto ao software que incluirá, na parte de escritorio virá con KDE 3.5.9, GNOME 2.22.2, Xfce 4.4.2, lxde 0.3.2.1, GNUstep desktop 7.3, X.Org 7.3, OpenOffice.org 2.4.1, GIMP 2.4.7, Inkscape 0.46, Emacs 22 e Iceweasel e Icedove, baseados en Mozilla Firefox 3.0.5 e Mozilla Thunderbird 2.0.0.19 respectivamente. Na parte servidor, inclúe PostgreSQL 8.3.5, MySQL 5.1.30 e 5.0.51a, GNU Compiler Collection 4.3.2, Samba 3.2.5, Python 2.5.2 e 2.4.6, Perl 5.10.0, PHP 5.2.6, Asterisk 1.4.21.2, Nagios 3.06 e o Hypervisor Xen 3.2.1.
Fonte: Computer World
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal