As imaxes ISO da distribución Void Linux normalmente témolas con escritorios minimalistas, podemos atopalas con: Enlightenment, Cinnamon, LXDE, LXQT, MATE e XFCE.
Se non te queres complicar con instalacións avanzadas e prefires a contorna Budgie ou KDE Plasma, José Santos creou tres imaxes ISO instalables con estes dous sabores máis un Cinnamon personalizado, baixo o nome de AgarimOS.
Neste vídeo José Santos explica a instalación e configuración de AgarimOS.
