A Asociación de empresarios presentou onte as súas propostas na Confederación de Empresarios de Ourense
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) presentou onte, por terceira ocasión, a sesión informativa “Software Libre contra a crise”, co que o colectivo empresarial vén recorrendo as principais cidades galegas para dar a coñecer ao sector empresarial as vantaxes das tecnoloxías abertas. A xornada, que transcurriu nesta ocasión na Confederación de Empresarios de Ourense, reuniu a máis de 40 persoas procedente do tecido empresarial ourensá, así como de entidades locais vencelladas ao sector.
O encontro, enmarcado no programa de actuacións previsto por Agasol en virtude do convenio subscrito coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, foi presentado por Emilio González Iglesias, directivo da Confederación de Empresarios de Ourense, quen agradeceu a actividade de Agasol como “vehículo impulsor e referente tecnolóxico para ofrecer solucións ás PEMES ourensás”.
legal que implica o emprego de diferentes licenzas.
O ciclo de conferencias de Agasol continuará en vindeiras xornadas nas cidades de Lugo e Pontevedra.
Fonte: Agasol
