A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) convoca tres novas xornadas divulgativas sobre software libre dirixidas ás pequenas e medianas empresas.
Os encontros, encadrados no programa de actuacións previsto por Agasol en virtude do convenio subscrito coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, contará coa intervención de diversas persoas de referencia no ámbito das TIC en cada un dos respectivos lugares nos que se realizarán, así como cos propios profesionais da asociación que darán conta das vantaxes do uso do software libre, especialmente, nun momento de crise coma o actual.
O calendario de xuntanzas configúrase do seguinte xeito:
-
20 xaneiro. 19 horas. Cámara de Comercio de Ferrol (A Malata s/n)
-
28 xaneiro. 19 horas. Cámara de Comercio de Santiago (San Pedro de Mezonzo, 44 -baixo)
-
5 febreiro. 19 horas. Cámara de Comercio de Lugo (Ramón Ferreiro, 18)
Máis información: Agasol
