Mancomún

Aibox, solución integral para a xestión dos servizos informáticos dunha peme

Luns, 22 Marzo 2010

Logo de Aitire Aitire, empresa pertencente a AGASOL, presentou recentemente Aibox, unha solución integral para a administración, xestión e control das infraestruturas informáticas dunha pequena ou mediana empresa de entre 5 e 50 empregados.

Imaxe frontal de AiboxAibox é un conxunto de dispositivos hardware e software convenientemente integrados e configurados, capaces de responder a todas as necesidades informáticas dunha peme. Entre as súas principais características destaca a súa facilidade de uso. Dende un único panel de control web é posible xestionar tanto os usuarios e os ficheiros aos que estes teñen acceso, como o servidor de correo, o servidor de mensaxería instantánea…

Todo isto é posible grazas á integración da plataforma eBox cunha serie de proxectos de código aberto dos máis relevantes da actualidade como OpenLDAP, Ubuntu Server LTS, Xen, eGroupware, Samba, Jabber, Postfix, Dovecot, ClamAV, Aitire PBX, SNORT, Iptables, OpenVPN …
Aibox conta cunhas completas prestacións entre as que se atopan:

  • Traballo en grupo. Permite centralizar as axendas de contactos da empresa, calendarios centralizados persoais para cada usuario, sincronización desde múltiples interfaces e dispositivos (web, aplicacións de escritorio, móbiles…). Configuración dun repositorio compartido de ficheiros, así como de servizos de correo electrónico e mensaxería instantánea internos.
  • Seguridade da rede informática. Protexe a súa rede contra calquera ataque externo e interno, grazas á configuración de firewall, filtros de correo lixo e antivirus, filtros de contidos web, redes privadas virtuais (VPN) e sistema de detección de intrusos.
  • Copias de seguridade.
  • Voz sobre IP.
  • Teletraballo.
  • Virtualización.
  • Servidor de clonación.
  • Monitorización avanzada e informes.

Aitire proporciona a posibilidade de adquirir 3 configuracións base de equipamento hardware en función do número de usuarios aos que se pretende dar servizo, e contratar dúas opcións de servizos de mantemento, un mantemento mínimo e un mantemento xestionado. Con este último servizo de mantemento as pequenas e medianas empresas teñen a posibilidade de descargar o peso da xestión das TIC en Aitire, aforrando así gran parte dos custes derivados de manter o seu propio persoal de xestión informática dentro da propia organización. Os principais beneficios que lles reportará este modelo son dispor de sistemas monitorizados 24×7, mantemento proactivo dos sistemas, punto de contacto único para calquera incidencia dos sistemas, custes de mantemento coñecidos e predicibles, sistemas e incidencias atendidas por persoal experto… Para obter máis información sobre este produto, solicitar unha presentación a Aitire.

Logos de parceiría de Dell e eBox

Aitire converteuse en setembro de 2009 na primeira parceira galega oficial de eBox, logo de ter participado no curso de formación avanzada de eBox, coorganizado por Mancomún e AGASOL en decembro de 2008, destinado a profesionais de empresas TIC galegas interesadas en ofrecer servizos de implantación sobre esta plataforma.

Ademais é tamén parceira oficial de Dell.

Fonte: Aitire

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal