Mancomún

Aircrack-ng 1.0, un paquete de ferramentas para monitorizar redes sen fíos

Venres, 11 Setembro 2009
Aircrack-ngAircrack-ng é un paquete de ferramentas baixo licenza GPL, destinadas a monitorizar e analizar redes sen fíos e co que poderemos poñer a proba a seguridade do cifrado de conexións WEP  e WPA.

Este paquete esta compostos por un sniffer de paquetes de rede, un crackeador de redes WEP e WPA/WPA2-PSK e un conxunto de ferramentas para a auditoría de redes sen fíos.

Con este paquete de ferramentas podemos recuperar os contrasinais de redes WEP 802.11 ou WPA-PSK, unha vez que consiga a cantidade de paquetes de datos suficientes. Aircrack-ng proporciona o ataque estándar FMS xunto con algunhas optimizacións como os ataques Korek, así como todos os novos ataques PTW, polo cal obtén un resultado de ataque moito máis rápido comparado con outras ferramentas de crackeo WEP.

Aircrack-ng pasa por ser unha das mellores e máis completas alternativas para auditar redes sen fíos.
Recentemente foi liberada a súa versión 1.0 que conta coas seguintes novidades

  • Máis tarxetas e drivers compatíbeis

  • Máis Sistemas operativos compatíbeis

  • Novos ataques WEP compatíbeis : PTW (aircrack-ng)

  • Ataque de dicionario WEP (aircrack-ng)

  • Ataque de fragmentación (aireplay-ng)

  • Mellorada a velocidade de crackeo (aircrack-ng)

  • Captura de múltiples tarxetas (airodump-ng)

  • Novas ferramentas: airtun-ng, packetforge-ng (arpforge mejorado), wesside-ng, easside-ng, airserv-ng, airolib-ng, airdriver-ng, airbase-ng, tkiptun-ng y airdecloak-ng

  • Outras optimizacións, melloras e solución de erros

Para instalar este paquete de ferramentas só temos que executar na consola a orde sudo apt-get install aircrack-ng.

Fonte: http://www.aircrack.es/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal