O evento AKademy-es 2007 celebrarase durante os días 17 e 18 de novembro de 2007 en Zaragoza e é basicamente un encontro de desenvolvedores de KDE. Contará con unha excelente calidade de contidos e está dirixido a, ademais de todos os que están programando aplicacións para KDE, a todos aquelas persoas con un bo nivel informático e no sistema GNU que queiran iniciarse no desenvolvemento e mantemento de aplicacións para o contorno KDE e para aficionados que queiran coñecer cal é o presente e o futuro dos contornos gráficos.
A entrada é libre e gratuíta até completar un aforo dunhas 50 ou 60 persoas…
Máis información na páxina do evento:
http://zaragozawireless.org/akademy07/
Evento engadido á Axenda de eventos.
