Mancomún

Alternativa a Spamhaus

Xoves, 18 Decembro 2008

Durante moitos anos Spamhaus foi o referente no mundo das DNSBL (Lista de bloqueo de DNS) como anti-spam, mais xa non é un servizo completamente gratuíto e aparece agora unha nova alternativa gratuíta a Spamhaus: a Lista de bloqueo por Reputación de Barracuda (BRBL), proporcionada por Barracuda Networks.

O CEO de Barracuda, Dean Drako, di que a empresa non ten plans de cobrar polo servizo no futuro. Di que “non investimos demasiado diñeiro para poñer a funcionar BRBL (pronunciado “barbell”), e creo que a boa vontade, a reputación e o entendemento de que Barracuda está a prestar o servizo faranos ben a longo prazo.” Recoñece que en efecto, BRBL é un esforzo de promoción de Barracuda, por non mencionar que é algo que a empresa debe manter de todos os xeitos como apoio dos seus propios produtos de pago.

As primeiras impresións de usuarios deste novo servizo son moi positivas.

Adam Lanier, traballador dunha compañía inversora de New York, leva usando BRBL dende setembro, pouco antes de que o servizo se fixera público. Estivo empregándoo conxuntamente con Spamhaus and SpamCop. Como é sabido, un dos maiores problemas con este tipo de listas e outros sistemas de loita contra o spam son os falsos positivos (se as mensaxes de correo electrónico lexítimos que son etiquetadas erroneamente como spam), e Lanier di que, polo momento, BRBL non deu falsos positivos “ata onde el sabe”, matizando que “por suposto, el só sabe dun falso positivo cando alguén o informa”.

David Sovereen CEO de Mercury Network sinala que “aproximadamente o 75% das mensaxes que foron bloqueadas por algunha das listas que empregan foi pola lista de Barracuda e o 25% por Spamhaus.”

Fonte: Linux.com

 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal