Mancomún

Alternativas ao APT.

Mércores, 30 Setembro 2009

A ferramenta avanzada de xestión de paquetes de Debian (e das distribucións derivadas), APT, leva actualizando e instalado paquetes dunha forma sinxela, fiábel e segura dende hai máis de 10 anos. Pasados tantos anos empezan a agromar alternativas para substituír o APT, pero debido a estabilidade deste en principio aspiran a polo menos facer mellor parte do traballo.

Unha das alternativas e Cupt, o cal foi deseñado en Perl e desenvolvido con tres prioridades moi claras. Evitar os erros de deseño de APT, engadir características útiles e facer que o código sexa extensíbel e lexíbel. A súa versión máis recente é a 1.0.0~beta1, pódese atopar nos repositorios de Debian “unstable” e emprega a mesma infraestrutura de APT como ficheiros de índice, configuración e cache.

Outra alternativa sería APT2 que foi programado en linguaxe Vala. Desta linguaxe xa demos conta en Mancomun.org, dado que é unha linguaxe de nova creación cunha sintaxe similar á de C#.

APT2 é unha biblioteca para traballar cos repositorios de Debian e os seus paquetes. APT2 pode resultar moi atractivo para aqueles contornos con consideracións de almacenamento, xa que simplemente precisa ao redor de 2Mb de espacio e tan só require Glib, Gee e libarchive.

É importante subliñar que tanto Cupt como APT2 son reimplementacións parciais de APT escritas dende cero polos seus autores.

Fonte: Viva Linux!

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal