Podemos ler, atopado vía identi.ca, un artigo no que se nos presentan sete alternativas de código aberto a Exchange. No artigo orixinal estas alternativas están separadas en dous grupos: As solucións baseadas en MTAs existentes, e as solucións baseadas en MTAs e MDAs desenvolvidos dentro do propio proxecto. Vexamos cales son esas alternativas.
Empregando MTAs e MDAs estándares
KOLAB groupwareEste software apóiase en pezas de código aberto como son openldap, postfix, Cyrus IMAP e Apache. O obxectivo deste proxecto é fornecer unha alternativa completa a produtos coma Exchange de Microsoft. O proxecto iniciouse por iniciativa do goberno alemán no ano 2002.
Dado que emprega protocolos estándar como POP3 e IMAP, pode empregarse cun gran número de clientes de correo clásicos. No entanto, para poder aproveitar todas as súas funcionalidades (axenda, notas, contactos, etc) desenvolvéronse ou estanse a desenvolver extensións para Thunderbird e mesmo plugins para Outlook
Neste proxecto atopamos as pezas estándar Postfix, Cyrus IMAP, OpenLDAP, Squid e Apache, así como tamén unha mistura de linguaxes de programación, como PHP para a interface e Perl para a automatización. Contén todas as funcionalidades clásicas de traballo colaborativo, e incluso outras como a xestión da relación co cliente, xestión de proxectos, mensaxería instantánea…
Hai dispoñíbeis conectores para Tunderbird e para Outlook, así como funcionalidades de sincronización con PDAs.
Solucións integradas
Comezou como un fork de phpGroupWare. Está dispoñíbel en preto de corenta idiomas. Pode empregar diferentes bases de datos: MySql, Oracle, MaxDB ou mesmo Microsoft SQL Server.
Dispón dunha interface web e pódese empregar con clientes como Thunderbird, Outlook e mesmo Kontact de KDE. Están presentes todas as funcionalidades de traballo colaborativo, así como funcionalidades para compartir documentos, seguimento de tempos, bases de coñecemento,…
Un proxecto levado a cabo esencialmente por Novell, que foi a cabeza de ponte da súa oferta empresarial de traballo colaborativo. Dispón dunha interface web elaborada que permite acceder a funcionalidades clásicas de traballo colaborativo
Scalable OpenGroupware.org (SOGo)
SOGo é un servidor para traballo colaborativo enfocado na escalabilidade e nos estándares abertos. Conta cunha interface web baseada en AJAX e é compatíbel con múltiplos clientes empregando protocolos estándares como CalDAV, CardDAV ou GroupDAV.
Zimbra é unha solución de traballo colaborativo completa, con axenda, xestión de tarefas, etc. A interface de Zimbra emprega a tecnoloxía AJAX.
Zimbra é compatíbel con contas Yahoo! Mail, Gmail, Windows Live Mail, como tamén con contas POP3 e IMAP4.
Os compoñentes do servidor de aplicacións e a interface web están dispoñíbeis baixo unha licenza AGPL. É compatíbel cos protocolos IMAP, POP3, iCal…
Zarafa forma parte do proxecto OpenMAPI, que ten por obxectivo fornecer unha API para as solucións de traballo colaborativo baseadas no protocolo MAPI de Microsoft.
Fonte: 7 solutions open source pour remplacer Exchange (en Francés)
