Mancomún

AMD libera código 3D dos chips R600 e R700

Martes, 30 Decembro 2008

Podemos ler en TheInquirer :

http://mancomun.org/images/stories/amd_logo_es-es.gifAMD liberou o código encargado da aceleración 3D nos chips das familias R600 e R700, correspondentes ás gráficas Radeon HD 2xxx/3xxx e ás actuais Radeon HD 4xxx.

AMD ven de liberar un DRM (Direct Rendering Manager) funcional traballando con aceleración EXA e unha implementación inicial X-Video. Tamén liberou o programa r600_demo.

Son aproximadamente 180 páxinas de especificacións e conxuntos de rexistros 3D. Polo de agora, dende AMD aínda non se liberou nada, pero comprometéronse a facelo público de aquí a un mes.

O DRM funcional xa está dispoñible para a súa descarga baixo o nome de xf86-video-radeonhd. Tanto a aceleración EXA coma o soporte X-Video son aínda experimentais.

Dentro do ficheiro README podemos ler o seguinte:

Main development is driven by Novell at the time of writing, in close
relationship to AMD which provides free documentation for the chipsets

 

Esperemos que nun futuro vexamos máis colaboracións coma esta.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal