Visto en Código Cero:
“Ata un total de 165 veciños e veciñas do concello coruñés de Ames optaron pola xestión telemática para renovar a súa inscrición nas actividades deportivas municipais desta tempada, o que supón máis do 20 por cento das 800 persoas que forman este colectivo.
O sistema en liña, que foi implantado por eLaboro no marco xeral da súa aposta polo software libre na administración amiense, foi ofertado por primeira vez neste concello e a súa acollida foi notoria.
Segundo os datos manexados pola empresa compostelá, que tamén xestionou as bases de datos dos rexistros presenciais, o total de usuarios dados de alta nas actividades chega a 1.626 persoas. Os usuarios que preferiron realizar a súa renovación da matrícula a través da xestión telemática, puideron facelo durante calquera hora do día e evitaron así as longas esperas que padeceron os veciños que optaron pola modalidade presencial…”
“O sistema implantado pola empresa eLaboro S.L. baséase nunha solución denominada Avante, que permite xestionar todo tipo de procedementos administrativos sen realizar desenvolvementos informáticos. Trátase dunha aplicación que xa está a ser empregada noutras unidades administrativas de Galicia, como a Xunta, e en concellos de dimensións destacables como Terrassa, en Barcelona.”
Fonte orixinal da nova e máis información en:
http://www.codigocero.com
