A asociación Amigus Labs retoma as actividades cun taller sobre Arduino e robótica, os sábados 4 e 11 de xullo de 10:30 a 13:30, no local da Asociación, Praza do Hospital 14, As Pontes.
Obradoiro de Arduino e robótica
O obradoiro para nenos e nenas de iniciación ao Arduino e a robótica, é unha forma práctica e divertida de coñecer Arduino e as posibilidades que ofrece.
Durante 6 horas, os nenos aprenderán a programar en Arduino, a desenvolver os seus primeiros programas e proxectos, entre eles fabricarán robots peleones e elementos dunha cidade intelixente.

Horario
10:30 a 13:30 h: Amigus Labs Kids – Obradoiro de iniciación a Arduino e a robótica.
Idades dos participantes
A idade para participar no taller é de 6 a 12 anos. Cada neno terá á súa disposición un equipo informático así como todo o material para realizar os proxectos. Se algún quere usar o seu propio computador pode traelo.
Prezo
A actividade é gratuíta para os fillos dos socios de Amigus Labs e de 10€ para non socios.
