O “Arduino Day” trátase dunha conmemoración a nivel mundial que ser realiza con periodicidade anual na que terán lugar máis de 500 eventos. Na asociación Amigus Labs non querían ser menos e quixeron poñer no mapa do Arduino Day a As Pontes de García Rodríguez organizando un evento o día 16 marzo de 2019 no Lar de Endesa de 10:30 a 20:00 con descanso entre as 14:00 e 16:00.
O evento consistirá nas actividades seguintes:
- 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00: Exhibición de proxectos con Arduino, onde toda persoa que queira expoñer o seu proxecto pode facelo previa inscrición enviando un correo a amigus@amiguslabs.org antes do 14 de marzo.
- 11:30 a 14:00 h: Amigus Labs Kids – Obradoiro de iniciación a Arduino. Este obradoiro está encamiñado a toda persoa que queira iniciarse no mundo do Arduino, especialmente os maís novos.
- 16:00 a 20:00h: Espazo Fab Lab de Amigus Lab onde se continuará traballando nos proxectos de Amigus Lab así como nos proxectos que a xente estea interesada en desenvolver.
Para información máis detallada sobre o evento pode visitarse a súa páxina web.
