Stratebi , empresa con sede en Madrid, creada por profesionais con ampla experiencia en sistemas de información, solucións tecnolóxicas e procesos relacionados coa Intelixencia de Negocio ou Business Intelligence, vén de facer público un informe comparativo dos distintos aplicativos de fontes abertas existentes no mercado respecto a solucións de Business Intelligence e as súas respectivas versións Enterprise.
O informe, dispoñible en inglés e en español, recolle, en algo máis de 50 páxinas, as principais vantaxes e analízanse comparando as características de cada un dos seguintes aplicativos: Pentaho, Jasper, Eclipse BIRT, Palo e SQL Power.
O obxectivo é ir ampliando o documento en sucesivas versións, incluíndo novas ferramentas, funcionalidades, exemplos, etc… Están abertos a calquera suxestión, proposta, ou mellora.
Os profesionais de Stratebi son os creadores e autores do primeiro weblog en español sobre o mundo do Business Intelligence, Data Warehouse, CRM, Dashboards, Scorecard e Open Source: Todo Bi, que xa se converteu nunha referencia para o coñecemento e a divulgación do Business Intelligence en español.
