Mancomún

Análise de 21 xestores de contidos libres

Xoves, 29 Xaneiro 2009
Un sistema de xestión de contidos web (WCMS) é un software deseñado para simplificar a publicación de contido Web. En particular, permítelles aos creadores de contido publicar o seu contido sen necesidade de coñecementos técnicos de HTML ou de como subir ficheiros. Mais non só axudan aos usuarios na edición de contido, senón que tamén se ocupan dunha gran cantidade de traballo automatizábel, tales como a xeración automática de elementos de navegación, indexación do contido para permitir procuras, o seguimento das persoas que o usan, os seus permisos e a configuración de seguridade de acceso, e moito máis.

Para proporcionar unha idea da calidade do software que está dispoñíbel, na web linuxLinks.com fixeron unha análise de 21 xestores web libres de alta calidade que funcionan sobre Linux. Para cada un deles crearon un portal de probas e sometérono a unha análise en profundidade da que obteñen un breve informe cunha descrición completa, unha captura de pantalla, a listaxe das súas características e algunhas ligazóns a recursos e revisións interesantes.

Os xestores escollidos son  Drupal, Joomla!, CMS Made Simple, XOOPS, Plone, TYPOlight, eZ Publish, dotCMS, MODx, SilverStripe, Mambo, miaCMS, ImpressCMS, Typo3, Textpattern, e107, e outros máis lixeiros como Pluck, Radiant, Frog CMS, NanoCMS, SkyBlueCanvas
 
Máis información: LinuxLinks.com
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal