O pasado día 30 de xuño fixo 17 anos dende que o Grupo Apache adiantara a creación da Apache Software Foundation (ASF), para orientar o desenvolvemento formal do servidor web máis utilizado en todo o mundo o Apache HTTP Server HTTP.

Un día antes, o 29 de xuño, pero do ano 2007 era a Free Software Foundation a que anunciaba a GNU GPL versión oficial 3, escrita por Richard Stallman co asesoramento xurídico de Eben Moglen e Software Freedom Law Center.
Os dous feitos marcan importantes momentos da evolución do Software Libre. Así pois, no caso da ASF, consolidouse coma unha comunidade descentralizada de desenvolvedores traballando cada un nos seus propios proxectos de código aberto moitos deles cun gran impacto no sector TIC actual ou do seu momento como as bases de datos No-SQL Cassandra, CouchDB o framework de desenvolvemento para móbiles Cordova, o software de computación distribuída Hadoop, a suite ofimática OpenOffice, o xestor de código Subversion, ou mesmo o servidor de aplicacións J2EE Tomcat.
Mentres, a licenza GNU GPLv3 serviu para estender os dereitos e obrigacións da licenza GPL no campo das patentes de software, compatibilidade de licenzas de software libre, a definición de código fonte e as restricións de hardware sobre cambio de hardware.
A licenza pública xeral ou máis coñecida polo seu nome inglés GNU General Public License, é a licenza máis utilizado no mundo do software libre e garante aos usuarios finais (individuos, organizacións, empresas) a liberdade de usar, estudar , acción (copia) e modificar o software. A GPLv3 así coma outras versións e variantes están dispoñibles en galego no portal Mancomún.
