Antico é un escritorio e administrador de xanelas baseado en Qt4/X11, como por exemplo KDE+KWin.
O obxectivo de Antico é crear un administrador de xanelas/escritorio sinxelo e rápido. Todos os parámetros poderán configurarse desde uns poucos arquivos, eliminando complicacións innecesarias, seguindo unha filosofía de manexo simple (KISS). Unha das súas caracteristicas é que está pensado para poder executarse sen necesidade dunha instalación.
Este proxecto ten pensado basearse soamente en Qt4, e tratanrá de non depender de compoñentes externos (por exemplo, non depender de bibliotecas KDE).
Se todo continua correctamente, Antico podería converterse nun proxecto parecido a XFCE, o que alentaría o desenvolvemento de aplicacións Qt, que se integrarían (case) perfectamente tanto en Antigo como nos escritorios baseados en Qt4 como KDE…
Fonte orixinal da nova:
http://www.kdehispano.es

