Wine é un software que permite executar aplicacións Windows en GNU/Linux. Esta aplicación é unha posible solución a eses programas para Windows que non existe alternativa a eles para GNU/Linux e queremos realizar unha migración a este sistema operativo libre.
A semana pasada o equipo de Wine anunciábanos a versión 3.0, esta versión ten como melloras destacadas: Soporte para Direct3D 10 e 11. Soporte para Direct3D CSMT. Incluido driver gráfico para Android. Mellorado o soporte para DirectWrite e Direct2D.
Podedes ver as notas desta versión na páxina do seu anuncio.
