Un ex-desenvolvedor de Gentoo, Bryan Østergaard, vén de anunciar unha nova distribución de Linux chamada Exherbo. A distribución, que estivo en proceso de desenvolvemento durante un par de meses, está baseada nas ideas e na experiencia colleitada por Østergaard ao longo do seu traballo con Gentoo.
Exherbo destaca polo seu formato innovador e por varios subproxectos, tal como o redeseño do sistema init. Actualmente non está dispoñible ningún medio de instalación pero o software é público para expertos desenvolvedores que queiran probar xa a vindeira distribución.
