O corpus de Mancomún é un servizo que ata o de agora só se podía traballar con él facendo uso dun navegador. Agora é posible integrar o servizo dentro doutras aplicacións facilitando o traballo e realizando procuras sen ter que abrir o navegador.
Para a integración co corpus de Mancomún desenvolvéronse dúas interfaces: unha vía XML e outra empregando XML-RPC. Deste xeito é posible facer procuras no Corpus dende outras aplicacións que fagan uso do servizo web e non limitarse a ter que utilizar o navegador web.
Pantallazo dunha aplicación GTK facendo buscas no Corpus
O código fonte pode descargarse dende a Forxa. A última versión é que inclúe o API xunto coa documentación e exemplos, en PHP e Python, amosando o seu funcionamento.
