Mancomún

Aplicacións para a creación de etiquetas de CD/DVD

Mércores, 26 Novembro 2008
Existen en internet diversidade aplicacións para a creación de etiquetas (tamén chamadas “galletas”) de CD/DVD. Vamos a explicar brevemente algunhas das dispoñibles no mundo do software libre, xa non só para a creación da etiqueta do disco, senón tamén do contido da caixa de almacenaxe.

As aplicacións que trataremos son:

  • gLabels
  • Kover
  • cdlabelgen

Calquera distribución máis ou menos moderna como Fedora, Ubuntu ou OpenSUSE conta con paquetes para gLabels e Kover, mais cdlabelgen non está non sistemas de distribución convencionais destas distribucións o que supón un hándicap para a súa utilización. Todas teñen soporte para CDDB (Compact Disc DataBase) o que permite que cando introduces un CD no ordenador, a aplicación se conecta a un servidor de buscas de internet para devolverche todos os datos relativos ao CD introducido…

Glabels

gLabels é unha aplicación deseñada para permitir unha rápida e sinxela creación de todo tipo de etiquetas, desde carátulas de CD/DVD até tarxetas de empresa. Inclúe diversos modelos de etiquetas predeterminadss para que só se teña que preocupar do deseño das mesmas. No caso de que non teña un modelo para o que vostede estea deseñando, sempre poderá editar un usando o asistente de modelos, e gardalo para posteriores ocasións.

Kover

Kover é unha aplicación pertencente ao escritorio KDE 3 enfocada na creación de portadas para caixas de CD/DVD e ao contrario que Glabels non ten un asistente que nos permita crear portadas específicas para outros formatos, polo que as veces a aplicación se nos pode quedar un pouco escasa e teremos que recurrir a Glabels.

cdlabelgen

Esta aplicación funciona en liña de comandos aínda que tamén ten unha interface web e moitos clientes gráficos. Pode probalo directamente desde un navegador accedendo a súa interface web para posteriormente descargarse un ficheiro PostScript, PDF ou GIF para imprimir en calquera lugar. Deseñar unha etiqueta con cdlabelgen pode ser un pouco críptico ao principio.

Koverartist

Outra aplicación do estilo de Glabels é Koverartist que tamén nos ofrece unha interface gráfica moi atractiva para un rápido deseño das portadas.

 

Fonte da nova:
http://www.linux.com/feature/153788

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal