Mancomún

Aproxímase o comezo da KutryParty 6 en A Estrada

Luns, 1 Decembro 2008

A AUSLAE (Asociación de Usuarios de Software Libre de A Estrada) está ultimando os últimos  preparativos para a Kutruparty6 , o evento informático de A Estrada que se desenvolverá desde o día 5 até o 8 de decembro. Desde AUSLAE envíannos unha breve nota de prensa cos eventos relacionados do mundo software/hardware libre que terán na party:

  • ObradoirBot
  • Confirmados os seguintes talleres:
    -Taller de iniciación á robótica, coa plataforma libre Arduino, no que se amosarán as posibilidades da plataforma.
    -Taller de Install Party Linux, da distribución Ubuntu, para acercar o software libre a todos os usuarios.
  • Confirmadas os seguintes relatorios:
    -Relatorio sobre deseño gráfico con ferramentas de software libre tales como InkScape ou Gimp.
    -Relatorio sobre web 2.0 no que se tratará o  tema técnico deste tipo de webs.

Durante a celebración desta party repartiranse uns 5.000 € en premios e máis de 150 regalos entre os 300 participantes da mesma…

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal