Mancomún

ArcheOS: software libre para arqueólogos

Luns, 5 Xaneiro 2009
ArcheOSArcheOs é un LIVE-CD baseado en Kubuntu especialmente preparada para arqueólogos. Dentro do K menú (equivalente do menú inicio) as aplicacións desta distribución están clasificadas por tarefas xerais (multimedia, ofimática, etc) pero hai unha entrada específica para arqueoloxía, con subcarpetas clasificadas por CAD, fotogrametría, bases de datos, gis, gps … Practicamente existen aplicacións para efectuar calquera tarefa arqueolóxica, tanto convencionalmente, como de maneira avanzada.

 Un dos puntos fortes da distribución é a inclusión de QCad Community Edition, co que se pode facer todo aquilo que con Cad adoitan facer os arqueólogos. Para outras tarefas habituais conta con OpenOffice, Inkscape, Gimp, etc.

 

ArcheOS

Ademais, veñen incorporadas algunhas aplicacións para efectuar tarefas máis complexas. Chaman especialmente a atención dous grupos de aplicacións: as de fotogrametría e as de laserscan. o primeiro grupo comprende diferentes paquetes, con variable grao de dificultade, que poden utilizarse para obter modelos 3D a partir destas técnicas fotogramétricas. E o segundo grupo dá acceso a outras tantas aplicacións para xestionar Escáners 3D, que parece que aos poucos van xeralizándose na nosa contorna.

Finalmente, mencionare que inclúe un máis que suficiente grupo de aplicacións SIG: Grass, uDIg, SAGA, QGis i OpenJump.

ArcheOs é en si mesmo un subproxecto de OpArc (Open Archaeology), cuxo obxectivo é aplicar a filosofía do FOSS (Free Open Source Software) á arqueoloxía. Así, trátase de compartir software, coñecemento, ideas (investigación) e datos.

Fonte: Arqueologiamedieval.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal