Continuando coa súa actividade mensual dos Sábados Libres na Altamar, GALPon anuncia xa a temática do obradoiro deste mes de Outubro, retomando a temática coa que inauguraron esta serie de obradorios: Arduino.
Así a 4ª xornada na Altamar leva por título Arduino Connect, na que se desenvolverá un obradoiro práctico para a conexión da plataforma Arduino a diferentes tipos de rede: Bus-Can, Bluetooth, Ethernet, Wifi, …
Como nos anteriores, a participación e asistencia a este obradoiro é de carácter gratuíto, e está aberta ao público en xeral. Para evitar problemas de aforo é obrigatorio formalizar unha inscrición na correspondente folla de inscricións.
Como en anteriores ocasións, a organización agradece tamén que aquelas persoas que se inscriban o indiquen tamén na páxina do «Evento en G+» nas opcións «Si» ou «Quizais» da consulta «Vas asistir?»
A programación completa é a seguinte:
- Presentación: unha pequena charla para falar dos diferentes métodos de conexión que se usaran na xornada:
- Serial (USB).
- I2C
- GSM
- Bluetooth
- Ethernet
- RFID
- Obradoiro: crearanse grupos para traballar nos diferentes métodos de conexión. Para facer o máis amena posible a xornada tentarase que cada grupo chegue a traballar coas 6 conexións.
Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.
