Arora é un navegador web que foi creado inicialmente para ter unha lista de suxestións o API e atopar erros antes da liberación do componente
WebKit de QT,
QtWebKit. Unha versión deste código fonte inicial inda se pode atopar no repositorio.
Na actualidade, Arora, é un navegador moi básico que conta con características como a xestión de marcadores e histórico. O navegador non inclúe soporte para complementos de netscape (plugins) polo que non dispón de soporte para shockwave flash ata a vindeira versión 4.5 de
Qt. Como contrapartida está desenvolvido en menos de 10.000 liñas de código sendo moi rápido e cargando as páxinas máis axilmente. Arora é multiplataforma podendo traballar en sistemas GNU/Linux, OS X, MS Windows e GNU/Linux empotrado facendo uso de Qt Embedded.
Os obxectivos que se pretenden acadar en futuras versións de Arora están publicados na web do proxecto destacando o soporte de complementos.
Pantallazo de Arora en funcionamento
Páxina do proxecto: http://code.google.com/p/arora/