A nova versión da popular distribución GNU/Linux Ubuntu, foi publicada hoxe mesmo baixo o codname Artful Assrdvark. Entre as novidades máis salientables atópase a volta a GNOME a GDM como contornas de escritorio e xestor de display respectivamente. Ademáis, wayland confirmase como servidor de display de referencia.
Despois de actualizarnos poderemos tamén desfrutar do kernel 4.13, melloras no soporte de altofalantes bluetooth e, en xeral, actualizacións en tódolos aplicativos.
