ArtistX é unha distribución gratuíta GNU/Linux en formato DVD – vivo que converte un computador calquera nun completo estudo de produción multimedia. Está baseada en Ubuntu e contén software libre para a manipulación de audio, gráficos 2D e 3D, e montaxe de vídeo. Ao ser unha distribución en formato DVD – vivo, non precisa ser instalada e execútase directamente sen necesidade de tocar os discos duros.
Como distribución Linux, está baseada en Ubuntu 8.10, cun núcleo Linux 2.6.27, GNOME 2.24 / KDE 4.2, Compiz Fusion e a maioría dos paquetes de software contidos en Ubuntu.
Entre o software de produción multimedia contido nesta distribución está:
- Software para gráficos 2D: Gimp, Inkscape, Nip2, Krita, Cinepaint, Synfig, Rawstudio, Skencil, Hugin.
- Software para gráficos 3D: Blender, Wings3D, Kpovmodeler Povray 3.6, K3D.
- Software para vídeo: Cinelerra, Kino, Openmovieeditor, Kdenlive, Pitivi, Avidemux, Devede, e algúns outros.
- Reprodutores de música e vídeo: Mplayer, Helix Player, Videolan, Xine, Kaffeine, Kmplayer, LastFM, e algúns outros.
- Software para música: PD e externos, Rosegarden, Ardour, TerminatorX, Cecilia/Csound, Gnusound, Mixxx, e algúns outros.
No DVD pódense atopar sobre 2500 paquetes de software multimedia, case todos exclusivos da plataforma GNU/Linux.
Máis información e descargas na web de ArtistX.
Fonte: Blogubuntu.com
