Mancomún

As 2ª xornadas de openERP contarán coa colaboración de Pexego na mesa redonda de casos de éxito

Martes, 17 Marzo 2009

http://openerp.com/templates/tiny/images/openlogo.jpgAs segundas xornadas de OpenERP en España celebraranse o 17 e 18 de abril en Vilanova i la Geltrú (Barcelona) na Universitat Politècnica de Catalunya. Estas xornadas pretenden ser un punto de encontro entre usuarios, instaladores e programadores de OpenERP, e ademais permitiranlles aos non iniciados, descubrir o seu ecosistema mediante actividades de difusión e/ou conferencias, coñecer casos de éxito e modelos de negocio mediante unha mesa redonda, ou ver algunhas das súas características mediante titoriais. O programa provisional das xornadas pode atoparse na seguinte ligazón:

Programa provisional

Nestas xornadas estará presente a empresa galega Pexego, participando a través de Santiago Argüesto, na mesa redonda chamada “Como facer negocio con OpenERP, casos de éxito“. A mesa redonda terá lugar o venres 17 en horario de 12:15 a 13:30.

OpenERP é un completo sistema de xestión de empresas/organizacións de licenza libre que cobre as necesidades das áreas de contabilidade, vendas compras, almacén, inventario, proxectos, CRM, recursos humanos, TPV, tendas virtuais…

Incorpora ademais funcionalidades de xestión de documentos, conectores con outros aplicativos, permite traballar remotamente mediante unha interface web ou aplicativos de escritorio multiplataforma, e inclúe un contorno modular de programación/adaptación rápida de aplicativos (OpenObject). Basease en tecnoloxía Python/XML traballando contra unha base de datos PostgreSQL.

Anteriormente era coñecida co nome de TinyERP e estaba traducida ao galego na súa versión 4.0.3, versión incluída no DVD da PEME.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal