Mancomún

As BlackBerry poderán ler ficheiros ODF

Luns, 26 Xaneiro 2009

BlackBerryO pasado día 19 de xaneiro Lotus anunciou que durante este ano 2009 vai publicar novos programas de traballo colaborativo e novas ferramentas de desenvolvemento para a plataforma BlackBerry.

Entre todas esas novidades destaca que logo do segundo trimestre do ano, os posuidores deste tipo de teléfonos serán quen, por fin, de poder ver nos seus trebellos os documentos de texto gardados no formato estándar aberto .odf que reciban nas súas caixas de correo. Nun primeiro momento só poderán visualizar documentos de texto, e posteriormente tamén presentacións e follas de cálculo.

 

Máis información: Nota prensa de IBM

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal