Mancomún

As Cortes de Aragón apostan pola continuidade de VITALINUX nos centros educativos

Venres, 1 Xullo 2016

Todos os grupos parlamentarios das Cortes de Aragón optaron pola continuidade de VITALINUX Proxecto EDU durante o curso 2016-2017 e a súa extensión a todos os centros públicos que queiran. A proposta obtivo o apoio do hemiciclo por tres puntos dunha iniciativa en materia de redes e software libre en ordenadores nas escolas.

O obxectivo da proposición é o de promover o software libre para o sistema educativo con proxectos e recursos técnicos e humanos para poder desenvolver un sistema baseado en licenzas abertas en aliñamento coas directrices marcadas pola Agenda Digital Europea 2020.
Segundo outras fontes, sábese que durante os dous pasados cursos fíxose a avaliación do proxecto VITALINUX EDU nunha serie de centros piloto e que agora toca planificar a extensión do mesmo a máis centros educativos.

Como base deste proxecto remárcanse os valores técnicos, educativos e ético cívicos do software libre, así como a garantía dunha serie de liberdades e especialmente en todo o relacionado coa educación do século XXI, máis aínda cando as normas europeas instan a facilitar este tipo de enfoques.

A iniciativa apoiada por todos os grupos parlamentarios foi tamén levemente modificada durante a sesión con catro cambios no texto, dous deles finalmente incorporados. O texto final quedou desta maneira:

"As Cortes de Aragón instan ao Goberno de Aragón a:

-Continuar durante o curso 2016/2017 e máis o Proxecto EDU VITALINUX, dotando ao mesmo de recursos técnicos e humanos e ampliando a súa aplicación a todas as escolas públicas que queiran participar neste proxecto, a través da correspondente convocatoria.

-Aumento significativo do orzamento para o mantemento de equipos informáticos de escolas públicas.

Facer un estudo e, con base niso, facer as melloras necesarias e esenciais para que todas as escolas públicas teñan as redes informáticas axeitadas en termos de capacidade e velocidade das mesmas, o que é esencial para o investimento eficaz en ordenadores, tabletas dixitais e tabletas-PC".

A proposta, como dicimos, foi apoiada por todos os grupos agás nun só punto onde se pedía que o Goberno de Aragón asumise directamente o custo de todas as licenzas dos programas que aínda requiren o pago en escolas publicas na que se estendese o modelo libre.

O resto da proposición non de ley fai unha aposta polo aumento do orzamento para o mantemento de equipos informáticos de escolas públicas e realizar un estudo co que concluír melloras necesarias para que estes centros estean adecuados en termos de capacidade e tamén "para facer eficaz a inversión”.

Acerca de VITALINUX EDU

Vitalinux EDU (DGA) é unha distribución Linux baseada en Vitalinux, a cal defínese como un proxecto para levar o Software Libre a persoas e organizacións facilitando ao máximo a súa instalación, uso e mantemento.

En concreto Vitalinux EDU (DGA) non é máis cunha distribución Ubuntu (Lubuntu) personalizada para Educación, axustada polos requisitos e necesidades dos propios usuarios dos centros e á cal engádeselle unha aplicación cliente Migasfree, a cal posibilítalle unhas características moi interesantes, entre as cales cabe destacar:

  • Xestión remota e desatendida do software mediante un servidor Migasfree
  • Inventario de todo o hardware e software do equipo dunha forma sinxela
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal