Mancomún

As escolas británicas practicarán a docencia cun escritorio intelixente virtual baseado en SwL

Mércores, 17 Setembro 2008

EscritorioNas escolas británicas están de sorte. O equipo de investigadores do Grupo de Mellora tecnolóxica do Ensino (TEL) da Universidade de Durham creou un escritorio virtual completamente táctil no que imaxes e obxectos manéxanse con tanta comodidade como alén da pantalla. O novo “escritorio intelixente”, como foi bautizado, recoñece os movementos mediante luz infravermella e, segundo prognostican os seus creadores, “transformará o ensino, mellorará os resultados permitindo o intercambio de ideas e fará as clases moito máis divertidas. E moito máis interactivas, como se desprende deste vídeo “, asegura Liz Burd, responsable do proxecto.

Tras pór a proba o sistema con estudantes de todas as idades, o software estará dispoñible para os colexios con un código aberto gratuíto.

O funcionamento deste escritorio pode ser analizado nesta web.

Fonte: Universidade de Durham

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal