Mancomún

As escolas de Berna usarán software libre

Martes, 29 Maio 2018

NextCloud faise eco da nova publicada en varios medios de comunicación locais (Der Bund e insinde-channels) de que os colexios da cidade suíza de Berna empregarán solucións libres co obxectivo da súa dixitalización.

A cidade de Berna inicia, co motivo de empregar software libre na súa dixitalización, un proxecto no que ser implantará unha solución que terá como principal compoñente Collabora Productivity que é a versión online de LibreOffice.
Ademais do paquete ofimático a solución tamén estará composta por NextCloud para o intercambio de ficheiros e comunicación, Mahara como xestor de carteiras e Moodle como sistema de e-learning.

O proxecto, alcumado “base4kids2“, contará con un investimento de 1 millón de dólares que contribuirá a que o software libre estea presente na vida escolar de 10.000 estudantes que actualmente traballan con determinado software privado, polo que unha vez rematado o proxecto pasarán a empregar software libre.

Un dos responsables do proxecto declarou que pode que o software libre non sempre resulte máis barato a priori ca o software privativo, porén tamén comenta que para implantar o software libre a miúdo o hardware necesario é máis barato e duradeiro.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal