Mancomún

As III xornadas dos Sábados Libre na Altamar estarán adicadas á iniciación á programación con Bash scripting

Luns, 16 Setembro 2013

Logotipo de GALPon

Logo do descanso estival, GALPon retoma o novo curso organizando a III xornada dos Sábados Libres na Altamar, coa colaboración coa Asoc. Xuvenil Altamar e grazas á cesión de espazos por parte da Residencia Altamar.

Celebra os 30 anos de GNU!

O vindeiro sábado 28 de setembro , coincidindo co 30 aniversario de GNU, GALPon organiza o curso Vim + Bash, iniciación á programación con “bash scripting.

No curso farase durante a mañá a introdución a Vim, un versátil editor de ficheiros de texto, cunha gran flexibilidade á hora de escribir scripts e á tarde será a quenda de introducirse na programanción de Bash, o intérprete de rodes predeterminado da maioría de distribucións GNU/Linux.

A participación e asistencia a este obradoiro é de carácter gratuíto, e está aberta ao público en xeral. Para evitar problemas de aforo é imprescindible formalizar unha inscrición na correspondente folla de inscricións.
Como en anteriores ocasións, a organización agradece tamén que aquelas persoas que se inscriban o indiquen tamén na páxina do «Evento en G+» nas opcións «Si» ou «Quizais» da consulta «Vas asistir?»

A programación completa é a seguinte:

  • Primeiro bloque (mañá): Iniciación a Vim
    • Interface modal
    • Ordes de desprazamento
    • Ordes de manipulación de texto
    • Usando o sistema de axuda
    • Xanelas e búferes
    • Configuración
    • Engadidos
  • Segundo bloque (tarde): Iniciación a Bash. Nota: todos os exercicios realizaranse con «vim» como editor.
    • Definición e asignación de variábeis
    • Estruturas de control «case», «if», «select»
    • Bucles «for», «while» e «until»
    • funcións, …

Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal