Mancomún

As licenzas Creative Commons 3.0 xa están adaptadas á xurisdición española.

Luns, 24 Novembro 2008
CCA versión 3.0 das licenzas Creative Commons adaptadas á lexislación española xa están dispoñibles desde a semana pasada para quen queira utilizalas. Os textos polo momento están dispoñibles en castelán, catalán e vasco dende a a web de Creative Commons. Cómpre pois actualizar estas ligazóns para o seu uso nas obras que se queiran licenciar.

Estas licenzas son substancialmente iguais ás orixinais, como é lóxico, tan só teñen pequenas modificacións para adaptalas á lexislación española, que poden ser consultadas nun documento pdf en inglés.

Nesta outra web, fan unha análise destes cambios referíndose aos termos da LPI española que os motiva. 

Fonte: Creative Commons España

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal