Amigus, Asociación Informática de As Pontes, celebrará a súa Amigus-Party os días 5, 6 e 7 de abril na que ademais dos habituais concursos de videoxogos haberá un espazo para o Software Libre. No AmiguSoft-Libre, Teo Ramírez falará de Galinux e organizarase unha charla sobre instalación de sistemas GNU/Linux ademais dun obradoiro de instalación de Linux na PS3.16.00 a 17.00: Galinux-Slax a cargo de Teo Ramírez
– Que é Galinux
– Quen é Galinux
– Para quen é Galinux
– Como se fai Galinux
– Como é Galinux
17.00 a 17.30 pausa/café
17:30 a 20.00 Instalación de sistemas Linux a cargo de jmpello (www.amigus.org)
– Elección da distribución
– Comprobación da compatibilidade do Hardware
– Métodos de instalación
– Particionamento dos discos
– Configuración do arranque
– Configuración da rede
– Elección dos paquetes a instalar
– Configuración do kernel
– Xestión de usuarios e grupos
– Configuración do sistema gráfico
– Configuración do resto do sistema
20.00 a 20.30 pausa/café
20.30 a 21.30 Obradoiro de instalación dun Linux na PS3 a cargo de jmpello e CyberMODE (www.amigus.org) – Backup dos contidos da PS3 – Acadar un DVD de instalación (Yellow Dog, Fedora…) – Proceso de instalación (seguinte > seguinte > seguinte …) – Que podemos facer cun Linux nunha PS3
