Grazas ao esforzo de todos os voluntarios do Entrans de mancomun.org, recentemente rematouse de traducir as aplicacións B2Evolution e Freemind e agora xa se atopan dispoñibles dende as páxinas dos autores. Aínda que as páxinas non reflicten eses cambios, podedes atopar as traducións nas seguintes ligazóns:
Tradución do B2Evolution ao galego
Tradución do Freemind ao galego
B2Evolution é un sistema de publicación especialmente útil para centros educativos e empresas xa que permite aloxar blogues individuais dentro dun blogue colectivo (multi-blogue)…
Freemind é unha aplicación que permite crear mapas conceptuais, asociar as ideas unhas con outras, de forma rápida e sinxela.
